Á carta
-
Capítulo 33: Aires de cambio
Un novo tenente dirixe as operacións da Garda Civil en Sardiñeira.
-
Capítulo 31: Dous son multitude
Logo da morte de Iván, os negocios entre Carmelo e Adriana terminaron para sempre. A decisión de cortar polo san do que, ata hai pouco, era o narcotraficante máis poderoso de Sardiñeira, coloca ao clan dos Matalobos nunha situación moi complicada. Sen diñeiro e coa fidelidade dos seus homes pendendo dun fío, Carmelo necesita atopar un novo provedor canto antes para volver porse en marcha.
-
Capítulo 30: Novos horizontes
O nome de Santiago Táboas saltou aos medios de comunicación. Toda Sardiñeira sabe que o tenente foi o autor do disparo que terminou coa vida de Iván Matalobos, o fillo de Carmelo. O garda civil ten que convivir co acoso e as ameazas constantes dos capos de Sardiñeira. Táboas é un home marcado; pero o risco non é só para el senón para calquera que traballe ao seu carón