Matalobos
Capítulo 31: Dous son multitude
02/03/2010 22:35 h
A situación desesperada leva a Carmelo a buscar unha alternativa ao negocio, reuníndose co representante en España do cártel dos Balboa, unha organización colombiana que rivaliza coa de Adriana Calderón e que se converte nunha prioridade para el. Mentres, Diego Dourado, o seu lugartenente, moito máis realista que o xefe, proponlle outra alternativa: entrar no negocio do haxix.
A Sardiñeira esperta con sabor a traxedia, xa que unha partida de cocaína adulterada fai estragos entre os máis novos e a Benemérita ponse en marcha para buscar os responsables da súa distribución; sen embargo, os gardas civís non son os únicos que andan detrás dos seus pasos, xa que os homes de Carmelo tamén lles seguen as pegadas...