CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 33: Aires de cambio

16/03/2010 22:38 h

Despois de transcorrer tres meses, os aires de cambios son máis que evidentes na vida da Sardiñeira, onde os Matalobos conseguen crear unha estrutura sólida e fiable dedicada ao tráfico de haxix, cun novo sistema de transporte que facilita pasar inadvertido para a Garda Civil.

Mentres tanto, Benemérita consegue éxitos noutro campo, polo acoso constante aos clans dedicados ao tráfico de cocaína, que están a pasar o seu peor momento. Precisamente as gabanzas e o recoñecemento para o cuartel coinciden coa chegada do novo tenente ao posto da Sardiñeira, Rubén Carbia, que quere colgar esta medalla.

Ao mesmo tempo, a prexudicada principal polos éxitos da garda civil é Adriana Calderón, que comeza a pensar que hai un infiltrado entre os seus homes e arríscase a pedirlle axuda a Diego, a man dereita de Carmelo.

Pero cando máis se reforza a posición de Carmelo, ve como os focos volven apuntar ao clan cando se fai pública a noticia da liberación de Zico Gonçalves, antigo número 2 do clan, feito que volve provocar un clamor entre a poboación, máis disposta ca nunca a alzar a súa voz contra a droga.

Atopar capítulo por: