CRTVG

Buscar

Á carta

  • Capítulo 29: Punto e á parte

    Capítulo 29: Punto e á parte

    Iván Matalobos está morto. Unha bala perdida, procedente da pistola de Santiago Táboas, acabou co fillo de Carmelo. O narcotraficante xurou vinganza e é cuestión de tempo que se faga público quen foi o autor do disparo. Agora é a vida do tenente a que corre perigo e aínda que Marcos e Olaia están dispostos a facer todo o posible por protexerlle, a actitude de Táboas non fai máis que poñelo en

  • Capítulo 28: Fráxiles lealdades

    Capítulo 28: Fráxiles lealdades

    A aparición do cadáver de Arturo fai saltar todas as alarmas de Sardiñeira. Que o avogado sexa asasinado implica que alguén se quedou co diñeiro destinado a pagar o rescate de Iván Matalobos. Todos os sinais apuntan cara a Diego Dourado e, o que ata ese mesmo momento era a man dereita de Carmelo, pasará a converterse no seu principal obxectivo.

  • Capítulo 27: Saír adiante

    Capítulo 27: Saír adiante

    Dona Carme toma o mando. Os Matalobos comezan a ver unha luz ao final do túnel. O diñeiro que Carmelo conseguiu tras eliminar a Xosé Louro, un confidente da Fiscalía, é insuficiente para cubrir a súa débeda con Adriana. Neste tipo de negocios non existen as facilidades de pago nin posibilidade para renegociar as débedas. Adriana sabe que, con Iván Matalobos no seu poder, Carmelo fará o que sexa por pagar.

  • Capítulo 26: A vella escola

    Capítulo 26: A vella escola

    Os asuntos dos Matalobos non van demasiado ben pois os esforzos de Carmelo para reunir o diñeiro do rescate de Iván debilitaron a posición do clan e xa se correu o rumor pola Sardiñeira de que non teñen un can nin futuro.

  • Capítulo 25: Débedas herdadas

    Capítulo 25: Débedas herdadas

    A investigación sobre o paradoiro de Arturo Campos avanza, xa que por fin aparece o seu coche e a Garda Civil busca nel pegadas que expliquen o sucedido. Mentres tanto, Adriana e os clans da vila proxectan unha nova operación