CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 29: Punto e á parte

16/02/2010 22:37 h

A consternación inunda a familia do clan dos Matalobos, pois despois dun longo secuestro, unha bala perdida procedente da pistola do tenente Táboas acaba coa vida de Iván, o fillo de Carmelo. Este capítulo deixará ver o lado máis humano dun Carmelo Matalobos posto ao límite e para o cal a dor, o odio e a desesperación se converterán no motor das súas accións, facendo que a Garda Civil se vexa obrigada a estremar as precaucións.

Doutro lado, as relacións entre os socios do consorcio fan que sexa imposible seguir adiante cos seus negocios, e, despois de non ter recibido o apoio de ningún doutros clans, Carmelo está decidido a rachar con todo.

Atopar capítulo por: