Á carta
-
Capítulo 45: O monstro interior
A elección de Diego como chivo expiatorio das culpas dos Matalobos empeza a ter consecuencias. O sicario necesita pactar coa Xustiza se non quere pasar unha longa tempada entre reixas. E aínda que Diego intenta alcanzar acordos, a xuíza Mosteiro non está disposta a mover ficha por ningunha menudez: o seu obxectivo é Carmelo Matalobos
-
Capítulo 44: Coas dúas mans dereitas
O pasado chama á porta dos Matalobos e ameaza con destruílo todo. A investigación sobre o asasinato de don Álvaro, o patriarca do clan, que Marcos e Sara están levando a cabo é seguida moi de cerca por Carmelo a través dos micros instalados na casa da avogada. Cada avance que conseguen, cada paso que dan é, sen dúbida, un paso cara á resolución do crime, ou o que pode ser o mesmo, un paso cara ao des
-
Capítulo 43: 72 horas
O primeiro encargo de Belén como avogada dos Matalobos non podería ser máis comprometido. Unha acusación de asasinato pende sobre as cabezas dos dous homes máis importantes de Carmelo, Zico e Diego, e a avogada terá que lidar, ademais de coas probas que está reunindo a Garda Civil, co temor dos sicarios a ser os elixidos para pagar o pato en nome da familia
-
Capítulo 42: O xogo do dominó
Como fichas de dominó dispostas nun gran taboleiro, os clans do narcotráfico ocupan o seu lugar na vila de Sardiñeira. Se o seu poder baséase no seu tamaño, a súa fraxilidade reside na súa disposición. E é que se se soubese que ficha tocar, podería provocarse un efecto en cadea que levaría ao completo derrube das organizacións
-
Capítulo 41: A cada pecado, a súa penitencia
Os Matalobos saben desde hai moito tempo que o mellor xeito de manter os seus segredos a salvo é non deixar cabos soltos. O máis sinxelo é cortar de raíz e enfrontarse aos problemas por partes. Xabi Valiño, vello coñecido tanto da Garda Civil como dos Matalobos, é unha desas partes. Desesperado por conseguir diñeiro para a súa próxima dose, terminou por ofrecerse a pasar información sobre os Matalobo