CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 44: Coas dúas mans dereitas

01/06/2010 22:40 h

Carmelo ten que lidar co futuro: coidar de Bárbara forma parte do prezo que o narcotraficante está disposto a pagar por estar ao carón do seu herdeiro. Ademais, o maior problema ao que se enfronta o clan dirixido por Carmelo é a detención dos seus homes máis importantes, Diego Dourado e Zico Gonçalves, polo que a avogada nova dos Matalobos, Belén, ten claro que a única salvación posible pasa polo sacrificio dun deles para asumir todos os cargos e librar o outro.

O presente tampouco sorrí aos Matalobos, xa que o acoso da garda civil obriga a Carmelo a tomar certas precaucións, como trasladar a Xibraltar unha boa parte do seu capital.

Atopar capítulo por: