Matalobos
Capítulo 45: O monstro interior
09/06/2010 22:30 h
Descubrir a verdadeira historia de Álvaro Matalobos, este é o temor do xefe dos Matalobos, que ve como a investigación de Sara e Marcos sobre a morte do patriarca segue achegándose aos verdadeiros culpables e obriga a que Carmelo se poña tamén a investigar á súa maneira.
Carmelo Matalobos, o xefe do clan, atópase nunha posición complicada para a súa organización, pois o colombiano Héctor Macías estaría disposto a deixalo volver ao negocio da coca, a cambio dun prezo ben alto: a cabeza de Adriana Calderón.