Á carta
-
Conservatorio de Lalín
Alalá pasa un sábado cos mestres e alumnos do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
-
Gaita de Sarandón (Requinteiros do Ulla)
Viaxamos ó Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable.
-
Seivane
Susana Seivane, é unha das nosas gaiteiras mais internacionais e o Obradoiro de gaitas da familia Seivane é a primeira empresa galega na fabricación, comercialización e exportación de gaitas. A carón de todo isto, hai unha figura fundamental, a do patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas, con el comezou a historia hai máis de 60 anos
-
Gaiteiros do Vilar
Celso, Recaredo, Manolo e Paco eran catro mozos amigos que nos anos 60 percorrían moitos dos pobos do sur da Limia e norte de Portugal cunha gaita, un clarinete, unha caixa e un bombo.
-
Faltriqueira
Desta volta fixamos o destino en Pontedeume. De aquí son catro rapazas que desbordan frescura, enerxía e vitalidade. María é bióloga, Ana filóloga, Teresa enfermeira e Carolina mestra de educación infantil e música. Desta mestura sae Faltriqueira.