CRTVG

Buscar

Alalá

Faltriqueira

17/10/2006 22:05 h

Desta volta fixamos o destino en Pontedeume. De aquí son catro rapazas que desbordan frescura, enerxía e vitalidade. María é bióloga, Ana filóloga, Teresa enfermeira e Carolina mestra de educación infantil e música. Desta mestura sae Faltriqueira.

Fan unha música que se caracteriza pola liberdade, sen prexuízos, nin complexos. Co seu primeiro traballo o éxito chegou ós lugares mais insospeitados e obtiveron un grande recoñecemento internacional; as súas voces chegaron ata Namibia, Bermudas, País Vasco ou Lisboa. Cronistas internacionais loaron o seu traballo; foron portada de revistas como “Folk Roots”, un referente da música con raíces e o primeiro disco foi elixido entre os dez mellores albumes do 2003 na lista europea de músicas do mundo.

Están xuntas desde cativiñas, na agrupación folclórica Orballo iniciaron o seu gusto pola música e polo baile e co paso do tempo medrou a súa paixón.

Acaban de publicar o seu segundo traballo discográfico “Efffecto Faltriqueira” no que se inclúen versións e arranxos orixinais. Beben da tradición e xogan coa música cun resultado único: unha música libre en tódolos aspectos.

 

Atopar capítulo por: