CRTVG

Buscar

Á carta

  • Emilio do Pando

    Emilio do Pando

    Presentámosvos a Emilio do Pando, todo un referente na música popular galega. Emilio é un virtuoso da gaita e un dos poucos músicos que domina a trompa galega, un instrumento de gran tradición na zona da Fonsagrada, onde sempre viviu.

  • Cantadeiras do Berbés

    Cantadeiras do Berbés

    Desta volta As Cantadeiras do Berbés son as protagonistas en Alalá. O grupo, que está formado por oito mulleres e un mozo, naceu no ano 93 a raíz dun cursiño de cantos populares organizado pola asociación Casco Vello, unha das asociacións culturais máis importantes de Vigo.

  • Leilía

    Leilía

    Neste programa estamos con Leilía, sen dúbida un dos grupos máis populares e máis innovadores da música tradicional galega. Felisa, Merche, Montse, Patricia e Ana comezaron hai 16 anos a percorrer as aldeas galegas para recoller directamente da xente maior as pezas que se cantaban hai anos.

  • Pazos de Merexo

    Pazos de Merexo

    Manuel ronda os oitenta anos pero segue mantendo a mesma mirada viva e curiosa de cando era novo e andaba tocando polas festas co seu acordeón diatónico. Sempre foi coñecido como Pazos de Merexo, Pazos polo apelido, Merexo polo lugar no que sempre vivíu, en plena ría de Camariñas.

  • Casa das crechas

    Casa das crechas

    Dende Alalá propoñemos un xeito diferente de comezar as vacacións de Semana Santa: a foliada da Casa da Crechas. Neste afamado local da zona vella de Santiago celébrase cada mércores, desde hai 19 anos, unha festa musical improvisada á que calquera pode sumarse.