Á carta
-
Gaiteiros do Vilar
Celso, Recaredo, Manolo e Paco eran catro mozos amigos que nos anos 60 percorrían moitos dos pobos do sur da Limia e norte de Portugal cunha gaita, un clarinete, unha caixa e un bombo.
-
Faltriqueira
Desta volta fixamos o destino en Pontedeume. De aquí son catro rapazas que desbordan frescura, enerxía e vitalidade. María é bióloga, Ana filóloga, Teresa enfermeira e Carolina mestra de educación infantil e música. Desta mestura sae Faltriqueira.
-
Maruxa das Cortellas
Din os entendidos da música tradicional que non hai ninguén en Galicia que toque o pandeiro como o fai María Grande Sobral, máis coñecida como Maruxa das Cortellas.
-
Hermelinda do Muíño
Trasladámonos ata terras da Limia alta, concretamente ó concello de Sarreaus. Alí coñeceremos a Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena.