Alalá
Ruada Rianxeira
Hoxe estamos de Ruada, en Rianxo, con Ruada Rianxeira. Este é o Rianxo da Ruada. A vila onde hai xa dez anos naceu este grupo no que os veciños xuntanse para cantar. Pais e fillos, maridos e mulleres, e amigos que mentres cantan esquecen tódolos seus problemas.
Xan é o pai desta gran familia de 47 persoas que integra o grupo. En corpo e alma, entregado á música, á festa e ó entroido. E cos folgos dun novo, porque ese corpo no que el di que lle pesan os anos leva enriba boa parte do peso da Ruada. A súa sabedoría, o seu enxeño para escribi-las letras e facer arreglos musicais convérteo no pai desta gran familia que, por suposto, ten tamén unha nai: Charo. O motor desta maquinaria festiva ... e de moitas outras. Porque desde que era ben nova, Charo foi a forza da que xurdiron agrupacións corais, rondallas, grupos de majorettes e teatros varios. Porque o que tén corazón de artista non o perde nin cos anos nin cos golpes da vida, que ás veces pega moi duro.