Á carta
-
Especial Nadal (Toutón)
Recibimos o ano 2008 nunha aldea chamada Toutón, no concello de Mondariz. Unha aldea que cambia a iluminación do Nadal, as présas, as compras de última hora e as visitas aos centros comercias polas tradicións musicais do Nadal, cando se recibía o ano cantando “Manueles” ,” Xaneiras” e bailando, por suposto.
-
Especial Nadal (Tui)
Facemos un percorrido polo ciclo do Nadal, desde Noiteboa a Reis, seguindo as distintas manifestacións musicais que se dan nesta época no sur da provincia de Pontevedra.
-
A Requinta de Xián
Hai uns anos, na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, naceu unha agrupación chamada: “A Requinta de Xián” coa firme intención de rescatar todo o material sobre un instrumento: a requinta e os seus marabillosos intérpretes os requinteiros.
-
César Fernández
César Fernández non só sabe de música, sabe das cousas reais da vida
-
Cabana de Bergantiños
Viaxamos ata un concello rico: Cabana de Bergantiños. Rico na paisaxe, ten a forza da terra e do mar. Rico no tempo, un pode achegarse ata o Castro de Borneiro ou Dolmen de Dombate. E como non, rico na tradición musical: aquí o que non regueifa bota unha copliña con moita gracia.