CRTVG

Buscar

Alalá

A Requinta de Xián

18/12/2007 22:05 h

Hai uns anos, na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, naceu unha agrupación chamada: “A Requinta de Xián” coa firme intención de rescatar todo o material sobre un instrumento: a requinta e os seus marabillosos intérpretes os requinteiros.

Desde o ano 1900 ata o comezo da Guerra Civil, nas festas e romarías populares eran habituais grupos de renome como “Os Airiños da Ulla”, “A Requinta de Carcacía” “Os Cristobos de Arnois”… Nestas agrupacións convivían a gaita ou gaitas coas requintas e percusión, pero o prestixio levábao o requinteiro, que se convertiu na grande figura do espectáculo.

O programa Alalá achegarase con Pablo Carpintero (compoñente do grupo) ata o taller de Xaquín de Riobó, na Estrada, onde hai un pequeno museo que conserva a esencia e o bo facer dos primeiros artesáns de requintas. Este pequeno espazo chegou a ser unha academia de músicos, xa que por aquí pasou moitísimo talento.

Falaremos con mestres, coma o Sr Orosa, o gaiteiro do mítico grupo “Airiños da Ulla” ou coa neta de Romeriño, un dos requinteiros da “Requinta de Carcacía”. Coñeceremos tamén aps membros deste grupo, “A Requinta de Xián”, que comparten as horas de música con outras afeccións ou traballos.

Grazas a grupos como “A requinta de Xian”, as terras da Ulla, cheas de tradicións e actividade cultural, recuperan un dos sons máis característicos do lugar: o da requinta.

Atopar capítulo por: