Á carta
-
Eduardo Lorenzo (Cuba III)
Revivimos en Cuba a historia de Eduardo Lorenzo, que foi e será para sempre o gaiteiro da Habana.
-
Lizgairo
Os protagonistas deste Alalá son tres dos talentos máis importantes da música galega desde os anos setenta ata hoxe. Trátase de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz de Cea.
-
O Castriño de Rebordechán
O grupo “O Castriño” naceu para cumprir un soño. O soño de volver a encher de música as rúas e aldeas da parroquia de Rebordechán, no concello de Crecente.
-
Faustino Santalices
Faustino Santalices é unha das grandes figuras da historia da música tradicional galega. Foi gaiteiro, zanfonista, artesán, cantante e compositor pero, sobre todo, é coñecido por ter rescatado do esquecemento a música da zanfona e por ser un dos grandes intérpretes deste instrumento.
-
Os Terribles de Donas
Esta é a historia dos Terribles de Donas, un grupo que naceu ao remate da Guerra Civil e que deu moito que falar durante 30 anos.