Alalá
Os Terribles de Donas
Ímosvos contar a historia dun grupo que naceu en Donas xusto cando rematou a Guerra Civil. Empezaron cun cuarteto tradicional pero cos anos foron incorporando outros instrumentos, outras músicas que chegaban da emigración ou que escoitaban pola radio. Eles tocaban de todo! Foron murga, charanga e ata mini orquestra.
Durante trinta anos, pasaron ducias de músicos: pais, fillos, primos, tíos, veciños... Porque marchaban uns e entraban outros. Eran tan coñecidos que tiñan ata un club de fans que os seguían polas festas e polos salóns de baile. Eran tan cotizados que un ano, só no mes de agosto, chegaron a actuar en 24 festas. Eran... Como vos diría eu: A París de Noia dos anos cicuenta!
A mágoa foi que a mediados dos setenta o grupo se desfixo, ata que alguén decidiu que se tiña que rescatar. Eran e volven a ser: Os terribles de Donas!