Á carta
-
Hermelinda do Muíño
Trasladámonos ata terras da Limia alta, concretamente ó concello de Sarreaus. Alí coñeceremos a Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena.
-
Pandeiromus
Descubrimos desta volta a Pandeiromus, un dos primeiros grupos de pandereteiros que naceron en Galicia hai xa mais dunha década.
-
Paco de Escornabois
Viaxamos á comarca da Limia en busca de Francisco Villarino, máis coñecido como Paco de Escornabois, e probablemente un dos gaiteiros máis recoñecidos de Galicia.
-
Pandereiteiras de Barro de Arén
Achegámonos ó concello de Cerdedo para coñecer ás Pandereteiras de Barro de Arén. Foi o propio grupo, durante a gravación dun programa en Soutelo de Montes, o que convidou ó equipo de Alalá a se achegaren ata a súa aldea, Barro de Arén.
-
Son de seu
Coincidindo co décimo aniversario do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, trasladámonos ata esta cidade para descubrir o que sen dúbida é a experiencia musical máis innovadora e espectacular deste centro. Referímonos a SonDeSeu, a primeira orquestra folk de Galicia que está formada por 35 músicos, todos eles alumnos desta escola.