Á carta
-
Faltriqueira
Desta volta fixamos o destino en Pontedeume. De aquí son catro rapazas que desbordan frescura, enerxía e vitalidade. María é bióloga, Ana filóloga, Teresa enfermeira e Carolina mestra de educación infantil e música. Desta mestura sae Faltriqueira.
-
Maruxa das Cortellas
Din os entendidos da música tradicional que non hai ninguén en Galicia que toque o pandeiro como o fai María Grande Sobral, máis coñecida como Maruxa das Cortellas.
-
Xavier Blanco
Achegámonos ata a comarca do Morrazo para presentarvos un mestre de gaiteiros que atesoura pedagoxía, artesanía e autenticidade: Xavier Blanco.
-
Muiñada
Unha muiñada vai reunir boa parte dos artistas que xa pasaron por este espacio na pasada tempada. Integrantes de grupos como Malvela, Treixadura, Pandeiromus, Os Estalotes, Cantadeiras do Berbés, Diplomáticos do Acordeón ou Son de Seu compartirán esta noite de muiñada con Concha de Luneda, Rosa de Moscoso, Pinto de Herbón, Luis Caruncho, Manuel Amigo ou Aúrea das pandereteiras de Laxoso.