Alalá
Xavier Blanco
Achegámonos ata a comarca do Morrazo para presentarvos un mestre de gaiteiros que atesoura pedagoxía, artesanía e autenticidade: Xavier Blanco, o home que reconstruíu a gaita de cana, a precursora da moderna, que hai case cen anos que non se escoitaba polos montes do Morrazo.
Pero o afán pedagóxico que el amosa nas súas actuacións pola Península e no estranxeiro lévano a construír e restaurar todos os instrumentos tradicionais galegos, empregando dende piñas a un caldeiro ou unha vasoira para facer música, unha chea de útiles que Blanco inclúe no grupo de instrumentos pobres ou comúns.
Todo o esforzo do mestre artesán vai encamiñado a que se respecte a música de raíz e que se recoñezan cronoloxicamente todas as seccións da música tradicional.