Á carta
-
Capítulo 6: Sempre a pé de obra
Esta reportaxe pecha a serie repasando a produción literaria de Francisco Fernández del Riego, dende o articulismo e os seus libros de viaxes á súa única novela, O cego de Pumardedón.
-
Capítulo 5: O Día das Letras Galegas
Francisco Fernández del Riego é o pai intelectual do Día das Letras Galegas, a festa que neste 2023 está dedicada á súa figura e ao seu legado. O capítulo 5 da serie documental sobre o autor explica como se xestou esta proposta e como evolucionou ata se converter na gran festa cívica de Galicia.
-
Capítulo 3: Furando nas tebras
Arrinca coa guerra civil e continúa coa posguerra. Son anos de forte represión franquista, de loita clandestina para a reconstrución do galeguismo e de deseño e posta en marcha da estratexia de resistencia cultural arredor da creación da editorial Galaxia nos que o protagonista do Día das Letras Galegas 2023 será un actor fundamental.
-
Capítulo 2: A pegada política
Céntrase nos anos en que Francisco Fernández del Riego comeza os estudos universitarios e inicia a súa militancia política e cultural no galeguismo.
-
Capítulo 1: As luces primeiras
Repasamos a infancia de Francisco Fernández del Riego no seo dunha familia acomodada de Lourenzá e mais a adolescencia e os primeiros anos de mocidade.