Á carta
-
Capítulo 4
Manuel segue meténdolle presión a Gonzalo para que lle dea a Gloria o que lle pertence, pero Gonzalo sabe como facerlle calar.
Gonzalo, todopoderoso, consegue que Gloria caia nas súas redes.
-
Capítulo 3
Gonzalo ofrécelle a Gloria que se integre en Adegas Brandán.
Manuel, coñecedor das intencións do patriarca de deixarlle a Gloria as Viñas do Outeiro, cóntalle a Gonzalo que Gloria é a súa irma, e dálle un ultimato.
-
Capítulo 2
Gloria Leiro, a muller a quen don Ramón pensaba facer tamén beneficiaria das viñas do Outeiro, queda excluída do testamento.
Gonzalo, o novo patriarca e o causante da morte de Ramón, sente nacer a fascinación por Gloria.
-
Capítulo 1
Gloria Leiro, unha muller rodeada de misterios, chega a Cambados para coñecer a don Ramón Lantaño. Chega o mesmo día en que don Ramón e dona María ían celebrar as vodas de ouro.
Diego, o fillo escritor de Ramón Lantaño, empeza unha biografía sobre a historia da familia, a petición de dona María.