Rías Baixas
Capítulo 5
02/11/2000 17:30 h
Gloria atópase por casualidade con César Gómez, un home co que mantén vínculos familiares moi particulares. Mentres a súa amizade con Diego empeza a estreitarse, recibe un sinal que lle indica que seu pai pode estar vivo.
Paralelamente, iníciase a relación Uxía - Moncho, unha unión ameazada por todo tipo de problemas. Pepe busca un achegamento a Carmiña botando man da imaxinación, e Xan establece un pacto de amizade con Teté.