Á carta
-
Un redondo ao forno con verduras
Aproveitando que vén de visita Dolores Valcárcel, máis coñecida coma a avoa Lolita de Sarria, Benigno Campos quere facer con ela unha das súas receitas estrela. Man a man, preparan un auténtico prato de festa: redondo de vitela ao forno con verduras. Da sobremesa encargaranse Merchi e Leni, que agasallarán os seus compañeiros con pasteliños de froitas.
-
A raia, os percebes e o filloazo de Caión, na Laracha
Caión é o destino de Isabel, polo que as receitas van estar moi pegadas aos produtos do mar. Esta parroquia da Laracha, a única que sae cara ao mar, ofrece a raia, un peixe moi abundante no seu momento e que se prepara en caldeirada. Tamén bos percebes, grazas ao bater do mar nas rochas. Aquí cociñábanse con cachelos, cocidos na propia auga do mar e, quen o diría, non eran nada apreci