CRTVG

Buscar

Larpeiros

Un redondo ao forno con verduras

27/11/2018 22:25 h

A practicidade á hora de comer é tema de conversa dos 'Larpeiros'. A case todo o mundo lle gustan os pratos que se poden ser feitos cun pouco de anticipación, para ter a comida resolta cando se vén dalgún sitio ou cando se ten xente a comer. Hai pratos que solucionan moi ben este problema, coma os escabeches, os salpicóns ou a ensalada rusa, e tamén hai guisos e potaxes que se poden cociñar o día anterior e que aínda están máis ricos se se deixan repousar unhas horas. Ademais, está a carne asada, que tanto se pode servir quente coma fría e que vai estar riquísima de calquera xeito.
Aproveitando que vén de visita Dolores Valcárcel, máis coñecida coma a avoa Lolita de Sarria, Benigno Campos quere facer con ela unha das súas receitas estrela. Man a man, preparan un auténtico prato de festa: redondo de vitela ao forno con verduras. Da sobremesa encargaranse Merchi e Leni, que agasallarán os seus compañeiros con pasteliños de froitas.
Pola súa parte, Adrián, o larpeiro máis itinerante, irá voando ata Palas de Rei, na provincia de Lugo, onde, da man de Ana, coñecerá unhas vaquiñas que dan un leite que fai as delicias dos máis esixentes.

Atopar capítulo por: