CRTVG

Buscar
Chocos con arroz e torradas de ameixas

Chocos con arroz e torradas de ameixas

01/10/2019 - 22:15 h

Larpeiros

Horas de emisión:

Ma
  • 22:00

Larpeiros pretende chegar aos afeccionados á cociña e, a través do humor, das curiosidades e dos bocados lixeiros de información, a outros públicos máis amplos.

Larpeiros é un programa en que a comida é tamén un pretexto para pasar na tele un tempo divertido, igual que na vida cotiá.

Para os galegos producir alimentos, vendelos ou mercalos, cociñalos e comelos son actividades cun marcado carácter social. Compartimos esas actividades dándolles un aire festivo. Ese carácter da cociña e da comida -comer e falar do que comemos- é o punto de partida para un programa que ten receitas, pero trata sobre todo da relación das persoas coas cousas de comer. Por iso Larpeiros non propón un programa de cociña senón un programa sobre xente que cociña, como e que se divirte facéndoo.

Por todo isto, a cociña do programa está ocupada por varias persoas que cooperan, opinan e divírtense diante do lume, con micro vídeos que achegan informacións, curiosidades, trucos culinarios ou pingas de humor.

 

Galería de imaxes

Larpeiros á carta