Á carta
-
O cocido xunta os amigos
Arredor do cocido en Galicia hai todo un costumismo que o converteu nun plato social. Cómese os domingos cando se xunta a familia, ou cando os comensais queren probar algo típico da gastronomía galega, e sobre todo, cando se xunta os amigos. Amizade e cocido van da man en Galicia.
-
Cocido para adelgazar
Que o cocido galego é un prato contundente é evediente. Pero xa hai quen o está adaptando as actuais esixencias gastronómicas nas que a saúde é o primeiro. Fumos ata Narón, un pobo embarcado nun proxecto de dieta colectiva, no que os cociñeiros axudan propoñendo cocidos para adelgazar.
-
O cocido de toda a vida
Qué mellor sitio para aprender a facer un bo cocido galego que algún dos recoñecidísimos restaurantes de Lalín que comezan esta semana a celebrar o Mes do Cocido. Nun deles fixéronnos un cocido con todo.