Á carta
-
BellónMaceiras
Dani Bellón é o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. Dende que era un neno gañou 35 premios como gaiteiro intérprete e compositor, entre os que destaca o premio McAllan que gañou no Festival Intercéltico de Lorient en Francia. Diego Maceiras, ademáis de facer carreira no Conservatorio de Oviedo, leva co acordeón enriba dende os 11 e formándose cos mellores acordeonistas de Galicia
-
Treixadura
Treixadura cumpre vinte anos de historia e completa a muiñada. Pecha co novo disco o ciclo de catro que dedicou a cada un dos versos da copla “Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira, esa si que é muiñada”. E neste último traballo, “Esa si que é muiñada”, teñen especial presencia as voces do orfeón, que forma parte xa de pleno dereito de Treixadura.