Á carta
-
Capítulo 8: Galician Gigoló
Sebas comeza a facer dieta obrigado por Ana, que tenta así coidar os niveis de colesterol do rapaz. Pero resistirse aos chourizos e ao raxo que lle manda Maruxa dende a aldea non vai ser doado.
-
Capítulo 7: San Martiño e o Río Kwai
Sebas recibe noticias da aldea: morreu o seu mellor amigo, o porquiño Lois. Pero Sebas non está moi seguro de como se produciu a morte do porco.
-
Capítulo 6: Amor en terceiro grao
Sebas mantén unha relación por chat cunha descoñecida. Todo vai ben ata que ela lle revela que é unha presidiaria, que está a punto de deixar a cadea e ir a coñecelo.
-
Capítulo 5: Foi coma un soño
Sebas comeza a ter uns inexplicables soños eróticos protagonizados por Lucía e decide alonxarse dela.
-
Capítulo 4: A estraña parella
Lucía foi convidada a unha voda e precisa con urxencia un home que a acompañe. Mentres, Diego ten a sospeita de que Ana estalle sendo infiel e cae nunha espiral de auténtica paranoia.