div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

O debate electoral acada o 18% de audiencia na TVG

Foi o máis seguido dos tres últimos comicios autonómicos

A CRTVG emitiu o debate por primeira vez a través da súa nova plataforma de contidos dixitais ‘AGalega’

Con este debate a TVG estreou o novo plató 300 de informativos, o máis moderno de España, cunha pantalla angulada de 36 metros

 

crtvg.gal 06/02/2024 14:54

Santiago, 06.02.2024.-  O debate electoral organizado pola Corporación de Radio e Televisión de Galicia CRTVG, este luns 5 de febreiro, acadou unha gran resposta de audiencia cun 18% de cota de pantalla, sendo o máis visto dos últimos tres comicios autonómicos (2016, 15,3%; e 2020, 15,8%).

A programación especial da TVG, con máis de 5 horas de directo, incluíu a chegada dos candidatos, dous faladoiros, e a audiencia tamén puido ver os momentos previos e posteriores ao debate cos candidatos e asesores dentro do plató. O debate estivo moderado polos xornalistas Marta Darriba, redactora xefa, e Alejandro López, subdirector da Área de Información e Documentación da CRTVG.

A cita reuniu os candidatos -Alfonso Rueda, polo PPdeG; Ana Pontón, polo BNG; José Ramón Gómez Besteiro, polo PSdeG; Marta Lois, por Sumar Galicia; e Isabel Faraldo, de Podemos Galicia- nun evento que foi a primeira retransmisión da Televisión de Galicia desde o seu novo plató 300, a nova casa dos informativos da Televisión de Galicia que inauguraba as súas emisións con esta retransmisión.

 

Máis innovación
Á marxe da estrea do novo plató, a CRTVG emitiu un debate electoral por primeira vez a través da súa nova plataforma de contidos dixitais: ‘AGalega’. A través da plataforma puido verse o sinal do debate e simultaneamente o debate accesible en lingua de signos. Amais de na nova plataforma, o evento puido ser seguido a través de todas as canles convencionais da TVG e da Radio Galega, que contou tamén con programación especial ao redor da cita electoral.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade