Unha vivenda de Chantada sen pintar e deficientemente recebada complícalle a semana ao equipo de 'Galicia bonita' - CSAG
Unha vivenda de Chantada sen pintar e deficientemente recebada complícalle a semana ao equipo de 'Galicia bonita'
As boas intencións da súa propietaria e a colaboración da veciñanza resultarán insuficientes nunha primeira xornada de traballo caótica

Santiago, 27.10.2026.- O equipo de ‘Galicia bonita' (22:45 h) achégase esta semana á Ribeira Sacra, concretamente, a Chantada, unha das vilas máis importantes desta terra de viño. Na aldea do Vilar, os espectadores verán como a vivenda de Mar nunca estivo á altura das súas veciñas. Nunha contorna especialmente coidada, o fogar dos seus pais ben agradecería unha boa man de pintura, entre outras moitas intervencións.
Esta vivenda sen pintar e recebada deficientemente complicaralle a semana a Rosa Facal e os seus axudantes. As boas intencións de Mar e a súa veciñanza colaboradora resultarán insuficientes para superar unha primeira xornada de traballo perdida pola ausencia inxustificada do pinche Litos.