div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Unha muller de 86 anos e un cativo de tres amosarán esta noite os seus 'Talentos Extraordinarios' na TVG

A concursante máis veterana e o máis precoz ata o momento sorprenderán, respectivamente, tocando as castañolas e cunha exhibición xunto a un grupo de parkour

csag.gal 12/07/2026 02:00

Santiago, 12.07.2026.-    No programa desta noite de ‘Talentos Extraordinarios’ (22:00 h), o talento será máis sorprendente ca nunca. De Pontevedra chega a concursante máis veterana que ten pasado polo espazo da TVG. Margarita, de 86 anos, é pianista, directora de coro e experta, das mellores do mundo, en tocar as castañolas. O seu talento vai deixar a todos coa boca aberta.

De Cervo, na Mariña de Lubo, chegará un druída que vai facer un conxuro misterioso que relaciona historia de Galicia, maxia, sentemento, acción e mesmo namoramento e fogosidade. O programa tamén recibirá, desde Ribeira, un grupo de parkour de catro compoñentes, un deles de tan só tres anos, que van facer todo tipo de exercicios espectaculares polo estudio.

De Camariñas é Sebas, un rapaz cunha voz impresionante para a copla. Estará con el tamén a súa avoa, da que herdou este talento. Os espectadores tamén coñecerán a Sonia, que é patroa de barco, pero tamén unha espectacular cantante. O tema da relación entre os pais e os seus fillos adolescentes está na canción que presentarán os King Kids, un grupo de adolescentes do Porriño. Traen unha canción protesta contra o típico argumento dos adultos de que os rapaces están sempre co móbil.

Ademais, ‘Talentos Extraordinarios’ contará coa presenza como concursante dun auténtico campión de ximnasia rítmica: Hugo, un rapaz de 19 anos que está arrasando nun mundo tradicionalmente dominado polas rapazas. Finalmente, procedente de Vigo, chegará a última concursante desta noite, Naro, unha enfermeira cunha habilidade especial: a de emocionar coa súa voz a todos os que a escoitan. Voz inconfudible e guitarra son as súas armas para crear actuacións únicas e irrepetibles.

Coma sempre, o programa estárá presentado pola influencer Laura Boado e contará no xurado cos actores e personaxes televisivos Antonio Garrido, María Mera e David Perdomo. Cada un coa súa etiqueta que os define: ‘O experto’, ‘A sensible’ e ‘O duro de roer’.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade