div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Todos os partidos do playoff Basquet Coruña-Menorca, desde o xoves pola segunda canle da TVG e AGalega.gal

Tamén está programada a retransmisión da final a catro sempre que o equipo galego se clasifique

csag.gal 12/05/2026 17:00

Santiago, 12.5.2026.-    A segunda canle da Televisión de Galicia e o portal AGalega.gal, da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), emitirán en directo todos os partidos do Leyma Basquet Coruña na fase de playoff de ascenso á Liga Endesa ACB. A cobertura contempla ata un máximo de sete, tanto os do Coliseum como os desprazamentos a Menorca, e no caso de clasificarse o equipo laranxa, a final a catro que se disputará a primeira fin de semana de xuño.

O Leyma Basquet Coruña pechou a liga regular cun balance histórico de 28 vitorias e só 4 derrotas, idéntico ao do Obradoiro CAB. O desempate decidiuse polo basketaverage entre ambos equipos: o Obradoiro gañou os dous duelos directos da temporada regular, o que lle outorgou automaticamente o liderado e o ascenso directo.

A serie de cuartos de final disputarase ao mellor de cinco, con vantaxe de campo para o Basquet Coruña. Este é o calendario completo:

1º partido:  Xoves 14 de maio  ·  20:00 h  ·  Coliseum A Coruña
2º partido:  Domingo 17 de maio  ·  20:00 h  ·  Coliseum A Coruña
3º partido:  Venres 22 de maio  ·  21:00 h  ·  Bintaufa (Menorca)
4º partido (*):  Domingo 24 de maio  ·  18:00 h  ·  Bintaufa (Menorca)  (*) se fose  necesario
5º partido (*):  Venres 29 de maio  ·  20:45 h  ·  Coliseum A Coruña  (*) se fose necesario

O Coliseum da Coruña converteuse nos últimos anos nun dos recintos deportivos máis vibrantes de Galicia. Con preto de 9.000 cadeiras dispoñibles nas bancadas, o ambiente que vai xerar a afección local é un factor determinante na eliminatoria. Nun momento tan decisivo como un playoff de ascenso á ACB, a forza do público coruñés será un elemento clave.

Se o Leyma supera os cuartos de final ante o Hestia Menorca, terá por diante a Final Four de ascenso á Liga Endesa, que se disputará os días 6 e 7 de xuño no Coliseum de Riazor da Coruña. O propio club coruñés acollerá o evento, o que suporía un acontecemento histórico para o baloncesto galego, xa que de ascender a Liga ACB contaría a próxima temporada con tres equipos galegos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade