div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Televisión de Galicia emite, en directo, a gala dos Premios Mestre Mateo, a gran noite do noso audiovisual

A canle pública chega á cita con 60 candidaturas e cun destacado protagonismo nas principais categorías

‘Antes de nós’, ‘As liñas descontinuas’ e ‘San Simón’, longametraxes participadas pola TVG, sitúanse entre as producións máis nomeadas desta edición

A gala poderase seguir pola TVG e pola plataforma dixital AGalega.gal

csag.gal 21/03/2026 00:01

Santiago, 20.03.2026.-   Televisión de Galicia emite este sábado, en directo, a gala de entrega dos XXIV Premios Mestre Mateo (22:00 h), a gran festa do audiovisual galego, que se celebra en Lugo organizada pola Academia Galega do Audiovisual. A retransmisión permitirá seguir unha noite clave para o sector, á que a canle pública chega cun total de 60 candidaturas.

Entre as producións participadas pola TVG, que parten como favoritas, destaca ‘Antes de nós’, primeira película sobre a figura de Castelao, dirixida por Ángeles Huerta e protagonizada por Xoán Fórneas e Cris Iglesias, compite con 18 candidaturas; ‘As liñas descontinuas’, unha historia sobre a conexión humana e a amizade, de Anxos Fazáns, con Mara Sánchez e Adam Prieto nos papeis principais, con 11; e ‘San Simón’, de Miguel Ángel Delgado, quen volve a ollada cara ao pasado para indagar no campo de concentración que albergou a illa, creado por Franco, e asiste con 8 candidaturas. As tres longametraxes terán presenza nas principais categorías. Outra película apoiada pola Televisión de Galicia, ‘Meu ilustrísimo amigo’, sobre a apaixonante historia de amor e creatividade de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, foi proposta na categoría de vestiario e de mellor interpretación feminina de elenco (Lucía Veiga).

No apartado televisivo, as producións propias da Galega tamén teñen un papel relevante. ‘O home perfecto’, protagonizada por Adrián Castiñeiras, Elena Seijo e Alba Loureiro; ‘Punto Nemo’, cun elenco coral que inclúe a Óscar Jaenada, Alba Flores, Maxi Iglesias, Najwa Nimri, Margarida Corceiro e Eric Masip, e ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación rodada en galego, competirán polo premio a mellor serie de televisión, mentres que ‘Bechos’ e ‘Pipo’ optan ao galardón de mellor serie web.  

Na categoría de mellor programa figuran tres espazos da TVG, ‘Cos pés na terra’, ‘O videoclub’ e ‘Raíña-me’, e no apartado de comunicación optan ao galardón tres facianas moi coñecidas dos medios públicos galegos: Xosé Ramón Gayoso, Miguel Canalejo e Lucía Veiga

A longametraxe de animación ‘Decorado’, o novo traballo de Alberto Vázquez e que tamén conta coa participación da Galega, é finalista na categoría de mellor guión; a actriz Isabel Naveira, da serie da TVG ‘Lume’, competirá polo premio á mellor interpretación feminina de elenco, e Marcos Nine opta ao galardón a mellor realización polo programa ‘Historias de aquí’, que amosa feitos tráxicos e momentos irrepetibles da nosa historia recente.

Cómpre salientar que as películas ‘As liñas descontinuas’ e ‘Antes de nós’ e as series de animación ‘Pipo’ e ‘Bibopalula’ foron recoñecidas cos premios especiais dos Mestre Mateo, na xuntanza dos finalistas dos galardóns celebrada hai un par de semanas en Lugo.

A gala, presentada pola actriz Trisha Fernández e o humorista Federico Pérez, converterase nun escaparate do talento audiovisual galego e poderase seguir en directo a través da TVG e da plataforma AGalega.gal, onde tamén estará dispoñible posteriormente.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade