Radio Galega Música amplía a súa cobertura FM nas catro provincias - CSAG
Radio Galega Música amplía a súa cobertura FM nas catro provincias
Sumáronse centros de difusión en Carballo, Vimianzo e Muros, na Coruña; O Mondigo, en Lugo; Lalín, Tui, Nigrán/Gondomar e Lavadores/Vigo, en Pontevedra, e O Barco e Cenlle-Ribadavia, en Ourense

Santiago, 03.11.2025.- A CSAG ampliou recentemente en 10 novos centros a cobertura poboacional e territorial FM da súa canle Radio Galega Música, que segue a chegar máis lonxe. Deste xeito, case se duplica o número de centros de difusión, pasando de 12 ata os 22 centros xa en funcionamento. Desde agora, a Corporación conta cunha cobertura FM de Radio Galega Música (RGM) de 22 centros distribuídos ao longo da xeografía galega.
Os novos centros e frecuencias son:
Na Coruña, en Vimianzo, no 93.3 Mhz, en Carballo, no 93.9 MHz, e en Muros, no 89.9 Mhz. Na provincia de Lugo, no Mondigo, no 92.3 MHz. En Pontevedra, as catro incorporacións son en Lalín, no 105.0 Mhz; en Tui, no 104.5 Mhz; en Nigrán e Gondomar, no 102.6 MHz, e na parroquia de Lavadores, en Vigo, no 101.8 MHz. A isto súmanse as incorporacións en Ourense, no Barco de Valdeorras, no 101.9 Mhz, e Cenlle-Ribadavia, no 99.7 MHz.
Con este avance de cara ao servizo público de cobertura do territorio, un servizo esencial como se volveu comprobar en momentos críticos como o da apagadura xeneralizada do día 28 de abril, a CSAG amplía a súa relación coa audiencia. Esta ampliación permitiralle á cidadanía gozar dunha mellora substancial da cobertura da Radio Galega Música, que, xunto con Son Galicia Radio, con contidos musicais integramente en galego, e Radio Picariña, orientada ao público infantil, dan forma ao ecosistema radiomusical da Corporación.
Ampliación de Radio Galega Música con 10 novos centros:
 
    1. Vimianzo: 93.3 Mhz.
    2. Muros: 89.9 Mhz.
    3. Carballo 93.9 MHz
    4. Lalín: 105.0 Mhz.
    5. Tui: 104.5 Mhz.
    6. Nigrán-Gondomar 102.6 MHz.
    7. Lavadores (Vigo) 101.8 MHz.
    8. O Mondigo 92.3 MHz
    9. O Barco: 101.9 Mhz.
    10.  Cenlle-Ribadavia 99.7 MHz