div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Parellas musicais sorprendentes en 'Sala G. O mellor dúo da historia', un experimento musical único para a noite do 25

Será o primeiro dunha serie de tres programas, presentados por Arturo Fernández, e hoxe contará coa presenza de Carlos Baute como convidado especial

Manolo Escobar e Noly, Juan Pardo e Polanco, Rocío Jurado e Awa Famy, María Dolores Pradera e Alba Navarro, Peret e Dani Gigirey e Sara Montiel e Tanea serán as primeiras parellas musicais dun formato que terá continuidade durante estas festas

csag.gal 25/12/2025 02:00

Santiago, 25.12.2025.-   Os grandes nomes da música comparten escenario co talento galego máis actual nun experimento musical único: ‘Sala G. O mellor dúo da historia’. O espectáculo chega este 25 de Nadal á TVG, presentado por Arturo Fernández, para reivindicar artistas eternos, descubriralle ao público novas voces, creará momentos únicos e celebrará o valor cultural da música que nos acompañou toda unha vida. Cada un dos tres programas, estruturados en dúas semifinais e unha gran final, reunirá seis parellas musicais, con estrelas lendarias da música española e internacional que cantarán a dúo xunto a cantantes galegos contemporáneos.

Neste primeiro programa xuntaranse Manolo Escobar, eterno embaixador do pasodobre, con Noly, o galán de Los Satélites, un dos frontmen máis queridos da verbena galega. Os espectadores tamén gozarán dun dúo tan sorprendente como explosivo: o de Juan Pardo, autor e estrela dunha carreira chea de éxitos, referente absoluto na música española e galega, e Polanco, un dos cantantes máis seguidos pola mocidade en Galicia.

Tamén se unirán a forza interpretativa da máis grande da canción española, Rocío Jurado, xunto á frescura e versatilidade dunha artista afrogalega que pisa forte nos escenarios, Awa Famy. Ademais, a elegancia e a interpretación exquisita de María Dolores Pradera, a gran dama da canción, mesturaranse coa calidez e a técnica de Alba Navarro, unha das voces máis destacadas da París de Noia, símbolo musical de Galicia.

A simpatía e o ritmo están asegurados coa unión entre Peret, unha lenda da rumba catalá que lle dará a réplica a Dani Gigirey, un artista que conecta coa xente desde a primeira nota. O último dúo deste programa será o de Sara Montiel e Tanea, en que o mito do cine e da canción amadriñará a sensualidade vocal dunha das voces máis creativas da nova escena galega, vinculada a proxectos como Pan Sen Fron ou Baiuca.

O xurado de ‘Sala G. O mellor dúo da historia’ estará integrado pola cantante e presentadora Fátima Pego, con traxectoria nas grandes orquestras; pola actriz e xornalista Vanessa Escobar, cun vínculo íntimo coa historia musical do país, e por Borja Quiza, barítono galego de recoñecemento internacional. 

Nesta primeira gala, o convidado especial será o cantante venezolano Carlos Baute, que tamén participará no show con humor e criterio profesional. O humor chegará da man do actor e presentador Fran Nogueira, que interpretará a ‘Xullo Iglesias’, un buscador do dúo perfecto entre o público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade