div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

O xinete de 'Domar o vento' chega hoxe ata Cepedelo, o núcleo habitado máis alto de Galicia

Tras unha noite complicada, Adrián Martíns chega a Pradoalbar, onde convive cos veciños e descobre a vida nunha das aldeas galegas máis illadas  

csag.gal 07/07/2026 00:01

Santiago, 7.7.2026.-  Segunda entrega de ‘Domar o vento’ (22:15 h), a nova serie documental de aventuras da TVG, que convida a descubrir a Galicia máis auténtica da man do viaxeiro Adrián Martíns. O xinete emprende as diferentes travesías a cabalo sen tecnoloxía nin cartos, vivindo do que o camiño lle ofrece. 

Este martes, tras unha noite complicada, Adrián chega a Pradoalbar. Alí convive cos veciños e descobre a vida nunha das aldeas máis illadas. No camiño coñece a Benigno, apicultor e coleccionista, antes de afrontar a subida final ata Cepedelo, o núcleo habitado máis alto de Galicia. 

Con paisaxes espectaculares, historias inspiradoras e unha filosofía baseada na confianza, na curiosidade e no contacto humano, ‘Domar o vento’ convida a redescubrir Galicia ao ritmo dos seus cabalos de Pura Raza Galega, Farruco e Grelo e das persoas que a habitan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade