O espazo 'Cos pés na terra' amosa este luns como se esculpe con motoserra e cales son os avances que fan máis doada a vida dun gandeiro no século XXI - CRTVG
O espazo 'Cos pés na terra' amosa este luns como se esculpe con motoserra e cales son os avances que fan máis doada a vida dun gandeiro no século XXI
Ademais, descubrirá os recunchos espectaculares que rodean un albergue de montaña en Casaio

Santiago, 05.05.2025.- O programa ‘Cos Pés na Terra’ (22:30 h) vai esculpir hoxe con motoserra. O escultor será Pedro, que é quen de sacar dos troncos esquíos, ou mesmo bois tan grandes coma carballos.
O espazo da TVG tamén ten unha cita con Nerea, unha gandeira de recente incorporación que está a aprender moito do seu pai e da súa nai. Falará de moitos avances que fan máis doada a vida dun gandeiro no século XXI.
Ademais, ‘Cos Pés na Terra’ visitará o albergue de montaña de Elba e Pedro en Casaio. Eles serán os nosos anfitrións e amosaranlles aos espectadores recunchos espectaculares do lugar, incluíndo unha antiga mina de volframio explotada polos nazis na Segunda Guerra Mundial.