O crime de Samuel Luiz, asasinado en 2021 na Coruña durante unha brutal agresión grupal, centra esta semana o tempo de 'Espediente Oculto' - CSAG
O crime de Samuel Luiz, asasinado en 2021 na Coruña durante unha brutal agresión grupal, centra esta semana o tempo de 'Espediente Oculto'
O programa abordará tamén o incremento de delitos cometidos mediante intelixencia artificial

Santiago, 21.09.2026.- O programa ‘Expediente Oculto’ (22:50 h) analiza este luns o crime de Samuel Luiz, asasinado durante unha brutal agresión grupal no centro da Coruña en xullo de 2021, e a complexa investigación que permitiu identificar os seus agresores.
Poucas veces se pode presenciar un crime deste xeito, fotograma a fotograma, case de principio a fin. Poucas veces tamén os asasinos actúan en plena rúa e ante ducias de ollos. O espazo da TVG presentado por Patricia Abet volverá a aquela madrugada fatídica, en que soamente seis agónicos minutos marcaron a fronteira entre a vida e a morte. Para debullar esta cacería humana, ‘Expediente Oculto’ contará coa presenza do catedrático de psicoloxía forense Jorge Sobral.
Por outro lado, o programa abordará os novos delitos cometidos mediante intelixencia artificial, desde imaxes sexuais falsas ata estafas con voces clonadas. Os espectadores descubrirán que se trata dunha arma máis poderosa do que se pode imaxinar e que se están a disparar os delitos que a involucran, con 3 de cada 4 casos que entran nos xulgados galegos. Porase o acento no descoñecemento dos límites legais e na importancia de protexerse cada vez máis.