div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Eva Iglesias, Aitana del Mar, Arturo Fernández e Eddy Insua despedirán o ano coa audiencia galega

Televisión de Galicia ofrecerá un ‘Especial Badaladas’ desde a praza do Obradoiro, dentro do seu programa de Fin de Ano 

csag.gal 24/12/2025 10:53

Santiago, 24.12.2025.-     A Televisión de Galicia prepárase para vivir unha noite máxica de Fin de Ano cunhas badaladas moi especiais. Eva Iglesias, Aitana del Mar, Arturo Fernández e Eddy Insua serán os encargados de acompañar todos os galegos na chegada de 2026, tomando as uvas en directo desde a emblemática praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

Os catro presentadores, caras moi familiares da canle pública, chegan a esta cita tras conquistar os fogares galegos a través de programas tan queridos como ‘Luar’, ‘Land Rober +Show’, ‘Sala G’ ou o máis novo en chegar, ‘Pulso activo’. A súa proximidade e carisma serán os ingredientes perfectos para recibir o novo ano por todo o alto.

Un pouco antes da medianoite do 31 de decembro, Xosé Ramón Gayoso daralles paso desde o estudio da ‘Gala de Fin de Ano’ da canle, para retomar xusto despois o especial de música e festa que a TVG programa para a última noite do ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade