div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Este luns, en directo, a cabalgata dos Reis Magos desde A Coruña, na TVG e na plataforma AGalega.gal

María Mera presentará o especial ‘Xa chegan os Reis’, co percorrido dos Magos de Oriente polas principais cidades galegas e as rúas coruñesas

Na cabalgata desfilará tamén o autobús da plataforma infantil Xabarin.gal, cos populares Bolechas a bordo
 

csag.gal 02/01/2026 12:15

Santiago, 02.01.2026.-  Televisión de Galicia emitirá desde A Coruña a chegada dos Reis Magos a Galicia. A canle pública emitirá o programa especial ‘Xa chegan os Reis’ presentado por María Mera, co percorrido das súas maxestades de Oriente pola cidade, e amosará tamén as cabalgatas doutras cidades e vilas galegas.

TVG e a plataforma dixital AGalega.gal retransmitirán desde as 19:15 h a cabalgata de Reis coruñesa ata a súa chegada á praza de María Pita cunha ampla despregadura técnica e humana e con conexións con localidades de toda Galicia. Os reporteiros David Vilares, Óscar Cruz, Noa García e Dani Polo situaranse en distintos puntos do percorrido para recoller o ambiente e a ilusión desta tarde especial.

Entre outros contidos, o especial incluirá a sección ‘Banco dos recordos’, unha emotiva viaxe ao pasado a través dos testemuños de veciños e veciñas das catro provincias e reportaxes sobre os ‘Cantos de Reis’ e a construción artesanal das carrozas.

Ademais, na cabalgata coruñesa desfilará tamén o autobús da plataforma infantil Xabarin.gal, no que viaxarán os personaxes da serie ‘Os Bolechas’. Con esta retransmisión, os medios públicos galegos reforzan cada ano o seu compromiso coas tradicións, coa participación cidadá e coa ilusión compartida, convertendo a tarde de Reis nun grande encontro televisivo para toda a familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade