div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Boris Izaguirre afronta as probas finais no Deza para obter o seu carné en 'A miña gran cidade. Corazón galego'

Tractor, cocido de Lalín e música coa Banda Artística de Merza pechan o percorrido de Boris e Vanessa Bouza desta decisiva noite na TVG 

csag.gal 01/12/2025 00:01

Santiago, 1.12.2025.-    Continúa esta noite na TVG a aventura de Boris Izaguirre pola comarca do Deza, no segundo episodio de ‘A miña gran cidade: Corazón galego’ (22:40 h), con Vanessa Bouza como anfitrioa e guía. Despois dunha primeira xornada entre vacas, queixos e pedindo ingredientes do cocido polas casas de Botos, o venezolano enfróntase ás tres últimas experiencias antes de saber se merece -ou non- o cobizado carné de corazón galego.

O programa recolle o fío onde quedara: cun Boris que chega ao segundo día cun “notable moi alto”. Pero aínda lle faltan tres probas clave: entender o minifundio galego subido nun tractor, facer un cocido de Lalín e non desafinar demasiado coa gran Banda Artística de Merza.

Na cuarta experiencia, Vanessa e Boris regresan a Botos, en Lalín, para reencontrarse con Óscar, o gandeiro que xa lles abrira as portas da súa granxa no primeiro episodio. Agora tócalles saír ao monte e mirar a terra desde arriba dun tractor
    
Un cocido express

A quinta experiencia lévaos por fin á cociña. En Lalín, capital do cocido, Boris e Vanessa chegan ao restaurante Cabanas cos ingredientes que recolleran no episodio anterior. Alí agarda José Luís, un verdadeiro “rei do cocido galego”, que levou o prato ata a Embaixada Española no Vaticano e leva máis de dúas décadas co seu local recomendado como templo da cociña tradicional. A sobremesa trae o momento máis cómico da xornada: as filloas

Despois da fartura, o corpo pide música. A sexta e derradeira experiencia lévaos a Vila de Cruces, canda a Banda Artística de Merza, a agrupación popular máis antiga de Galicia, fundada en 1828 e con máis de cen músicos federados. Pablo Fernández, trompista e presidente da formación, recíbeos como auténtico mestre de cerimonias. Vanessa, que foi vocalista de orquestra, intenta que Boris se arranque cun tema de Xil Ríos. 

Rematado o itinerario galeguizador polo Deza, a ferrolá escoitará antes as valoracións dos veciños e veciñas que acompañaron a Boris nestas seis experiencias, coas súas notas, eloxios e tiróns de orellas. Só despois poderá decidir se lle entrega -ou non- o ansiado carné de ‘Corazón galego’. A decisión, esta noite na TVG.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade