As familias de 'Orgullo de familia' afrontan hoxe novos retos: unha travesía marítima, un xantar familiar e traballar na moda - CSAG
As familias de 'Orgullo de familia' afrontan hoxe novos retos: unha travesía marítima, un xantar familiar e traballar na moda
Esta noite, os Jiménez Hernández soben, por primeira vez, a un barco; Maikel e Aroa preparan unha paella para os seus, e Aitana quere ser modelo

Santiago, 18.11.2026.- Nesta nova semana de ‘Orgullo de familia’, Loli e familia viaxan ata Vigo para celebrar o cumplemes da filla pequena de Magi, Manuela. Aproveitando o paseo van subir por primeira vez nun barco, unha experiencia que promete emocións e algún que outro susto.
Pola súa parte, os Ventos van ter un plan máis tranquilo… nun principio! Maikel e Aroa van facer unha paella de marisco para toda a familia e poñer os dous mozos diante dos fogóns ten a súa dose de perigo.
Por último, Aitana segue co seu soño de volverse unha auténtica influencer e vai ampliar os seus coñecementos cunha clase de modelaxe, en que non faltarán risas e leccións de vida.
Tres familias con experiencias moi diferentes este mércores á noite nunha nova entrega de ‘Orgullo de familia’, en que non faltarán aventuras, tradicións e retos para poñer a proba os seus protagonistas