div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

As curtas audiovisuais premiadas no concurso escolar 'Nós tamén creamos!', xa dispoñibles en Xabarín.gal

Os galardóns foron entregados este martes en Santiago nun acto ao que asistiron os alumnos premiados de oito colexio galegos, desde Infantil ata 6º de Educación Primaria

Este concurso de curtas en galego, elaboradas coa técnica de stop-motion, leva 14 anos fomentando a creatividade en lingua galega

csag.gal 16/06/2026 15:51

Santiago, 16.06.2026.-    Alumnos de Educación Infantil e Primaria de centros escolares de Vilanova de Arousa, Narón, A Coruña, O Vicedo, Cerceda, Guillarei, Frades e Verín recolleron os premios do concurso de curtametraxes de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, organizado pola Secretaría Xeral da Lingua, a CSAG e OQO editora. As curtas pódense ver xa na plataforma Xabarín.gal. ‘Nós tamén creamos!’ é un programa escolar de dinamización lingüística en que participan pezas editadas coa técnica stop-motion partindo de narracións literarias, sempre en galego. O certame fomenta a creatividade e o uso do galego no traballo de aula, achegando os cativos ao eido audiovisual e ás TIC. 

Na categoría de 2º ciclo de Educación Infantil o galardón foi para o CEIP Princesa de España de Verín (Ourense), coa curta ‘A mellor sopa do mundo’, e déuselle un accésit  a ‘Algo pasa na casa do lobo’ do CPI Ponte Carreira de Frades (A Coruña). No caso de 1º e 2º de Primaria, gañou o premio o CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda (A Coruña), pola curta ‘Nariz de ouro’, e levou o accésit o CEIP de Guillarei de Tui, por ‘Hai alguén máis feroz ca min?’. O premio na categoría de 3º e 4º de Primaria foi para o CEIP de Zalaeta (A Coruña), por ‘O soño do osiño rosa’, e o accésit foi para o CEIP O Vicedo, pola curta ‘O mago Rosa’. En 5º e 6ª de Primaria, gañou o CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa, pola curta baseada no libro ‘A mellor sopa do mundo’, mentres que o accésit viaxa ata Narón, ao CPI do Feal, pola curta ‘Hai alguén máis feroz ca min?’.

No acto, celebrado no CGAC, participaron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Jesús Manuel Álvarez Bértolo; a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, María Coutinho; a directora do CGAC, Eva López Tarrío; o responsable da área audiovisual de OQOeditora, Borja Guerrero, e a xefa de Comunicación Corporativa e RSC da CSAG, Marta Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
NOTICIAS CORPORATIVAS

div-crtvg-top2

Publicidade