div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG leva a audiencia de festa cada domingo coa estrea do 'Aquí Galicia Fest'

Os presentadores Lucía Veiga e Dani Polo van hoxe de sesión vermú a Ribadavia, con Paco Lodeiro de pregoeiro e coas actuacións de Nati Méndez, Cristian Yennia e a Orquestra Los Player’s, entre outros artistas

En cada edición haberá actuacións musicais, pregoeiro/a e curiosidades sobre a localidade, entre outras sorpresas e premios para os asistentes

crtvg.gal 04/05/2025 02:00

Santiago, 04.05.2025.-  Televisión de Galicia estrea este domingo á sobremesa ‘Aquí Galicia Fest’ (15:40 h), un novo formato creado a partir do ‘Aquí Galicia’, presentado por Lucía Veiga e Dani Polo. Cunha finalidade lúdica e de pasalo ben, o ‘Aquí Galicia Fest’ percorrerá as vilas galegas creando unha sesión vermú única e inédita, onde haberá xogos e trofeos para os presentes, actuacións musicais e un pregoeiro ou pregoeira en cada edición. 

No ‘Aquí Galicia Fest’ cinco veciños/as poderán obter variados trofeos: o Amor Eterno para a parella cuxa historia encolla os corazóns e namore os espectadores; a Embaixada Culinaria, onde tres chefs tanto de nivel amateur como profesional cociñarán o mesmo prato e xulgaranse entre eles para erixirse como gañadores, A Cía para a persoa que máis sabe da súa vila natal, Cónsul das Redes para os que arrasan en Tik Tok, Instagram e demais plataformas de creación de contidos e, por último, pero non menos importante, un galardón sorpresa e moi emotivo, o de Veciño/a de Honra.

Cada domingo, o ‘Aquí Galicia Fest’ contará cun pregoeiro ou pregoeira da festa que o propio programa crea, para poñer en valor as actividades, celebracións, efemérides e programación cultural e gastronómica coas que conta cada localidade. Hoxe, a estrea terá lugar desde a Praza Maior de Ribadavia, contarase con Paco Lodeiro como pregoeiro, ademais da actuación da Orquestra Los Player’s, Nati Méndez e Yennia, A Banda de Gaitas de Ribadavia e a Charanga ‘Sorcha’.

Ademais durante todo o programa coñeceranse diversas curiosidades sobre a vila e os seus veciños grazas ás Liantas, as tres armadanzas do programa, Antía Costas, Tamara Pérez e Belén Vara, cuxo obxectivo semanal é ‘liar’ os habitantes de cada concello para amosar afeccións, relatos de vida e personaxes diversos, amais de poñer a proba os coñecementos dos máis pequenos da xeración de cristal, ou xeración Z, e aprender por exemplo a falar ‘barallete’.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade