div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG estrea este xoves 'Somos animais', un novo 'reality' que ensina a resolver conflitos coas mascotas

O espazo, presentado por Hugo Cabaleiro, percorrerá Galicia da man de expertos en comportamento para axudar a mellorar a convivencia cos animais da casa
 

csag.gal 12/02/2026 00:01

Santiago, 12.2.2026.-  Televisión de Galicia estrea este xoves en ‘prime time’ ‘Somos animais’ (22:40 h), un novo programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. Trátase dun ‘reality’ que percorrerá toda Galicia acompañado por expertos en comportamento animal e que amosará, con casos reais, como mellorar o vínculo entre persoas e mascotas.

En cada entrega preséntanse dúas historias distintas e moi diversas, xa que o formato non se centra unicamente en cans e gatos, senón que tamén dará protagonismo a cabalos, burros, cabras ou mesmo porcos. O obxectivo é demostrar que, con orientación profesional e paciencia, moitos conflitos teñen solución.

No primeiro programa, os espectadores coñecerán dous retos moi diferentes. Por unha banda, a educadora canina Lorena Terrón traballará coa bóxer Lola, unha cadela de seis anos coruñesa, que debe converterse en cadela de asistencia para poder viaxar en cabina nun voo a Miami coa súa familia. O reto será lograr que aprenda a manter a calma e a concentración en contornas esixentes e cheas de estímulos.

O segundo caso trasladarase a Camanzo, en Vila de Cruces, onde o adestrador Jorge Vázquez axudará a Anxo, un neno de nove anos, a preparar a súa porca celta Laidi para competicións de manexo tradicional. Un desafío pouco habitual no que se aplicarán técnicas de adestramento propias do ‘agility’ canino a un animal moi diferente.

‘Somos animais’ combina aprendizaxe e historias humanas para achegarlle á audiencia unha nova mirada sobre a relación cos animais, así como ofrecer ferramentas prácticas para mellorar a convivencia con eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade