div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A TVG emitirá esta semana tres partidos da primeira eliminatoria dos equipos galegos da Copa do Rei de fútbol

O Deportivo, o Rácing de Ferrol e o derbi entre a U. D. Ourense e o Pontevedra serán os pratos fortes

A Radio Galega emitirá tamén o Puerto de Vega-Celta do xoves

Os encontros Langreo-Rácing de Ferrol, Ourense C. F.-Real Oviedo e Negreira-Real Sociedade poderanse seguir en exclusiva a través de AGalegaAudio.gal

A semana complétase con baloncesto, co Baxi Ferrol-Benfica, o mércores a partir das 20:15 h, partido que se ofrecerá en exclusiva en AGalega.gal

csag.gal 27/10/2025 10:17

Santiago, 27.10.2025.-    A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia ofrece esta semana unha ampla programación deportiva centrada na Copa do Rei de fútbol, que se disputará entre o martes e o xoves, con tres partidos retransmitidos por TVG e a G2.

O martes, a Unión Popular de Langreo e o Rácing de Ferrol xogan na G2 a partir das 19:30 h. O mércores, tamén pola G2, o estadio do Couto acollerá o derbi galego entre a Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra, con retransmisión a partir das 20:30 horas. E xa o xoves, ás 21:00 horas, e pola primeira canle da TVG, un dos pratos fortes da eliminatoria galega: o partido Sámano-Deportivo da Coruña.

A Radio Galega e AGalegaAudio.gal tamén realizarán un seguemento especial das tres xornadas de Copa. A plataforma dixital AGalegaAudio.gal emitirá catro partidos: Langreo-Rácing de Ferrol, Ourense C. F.-Real Oviedo e Negreira-Real Sociedade, o martes a partir das 18:45 h; e o mércores, o derbi galego U. D. Ourense-Pontevedra.

E a emisora pública, a Radio Galega, levará o xoves á FM unha edición especial do espazo de deportes ‘Galicia en Goles’ desde as 18.45 horas, cos partidos Puerto de Vega-Celta de Vigo e o posterior Sámano-Deportivo.

Baxi Ferrol na Eurocup, o mércores por AGalega.gal

Ademais do fútbol, o baloncesto galego tamén terá protagonismo esta semana, coa disputa da cuarta xornada da Eurocup feminina o mércores. A partir das 20:15 horas, a plataforma AGalega.gal ofrecerá en directo desde A Malata o encontro entre o Baxi Ferrol e o Benfica de Portugal.

Con esta programación, a CRTVG reforza a súa aposta polo deporte galego e polos clubs do país en competicións estatais e europeas, achegando os seus encontros a todos os públicos a través da televisión, a radio e as súas plataformas dixitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade