div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos celebrity', o novo show en que cada domingo compiten doce famosos solidarios

Juan Fuentes presenta este novo espectáculo (22:10 h), en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla

crtvg.gal 06/07/2025 00:01

Santiago, 06.07.2025.-  Televisión de Galicia estrea este domingo á noite ‘Bailamos Celebrity’, un espectáculo que combina humor, ritmo e solidariedade nunha competición moi especial: doce rostros coñecidos do panorama galego subirán ao escenario para demostrar os seus dotes de baile e loitar por un premio solidario de 1.000 euros, que cada semana irá destinado a unha entidade benéfica escollida polos participantes. O gañador final do programa obterá 2.000 euros.

No espazo, conducido por Juan Fuentes, competirán doce concursantes moi coñecidos pola audiencia da TVG: Fran Cañotas, María Mera, Noelia Rodríguez, Luís Iglesia, Trisha Fernández, Eddy Ínsua, Noelia Rey, Miguel Canalejo, Roi Méndez, Sabela Silva, Miguel Mandayo e Eva Iglesias.

Pola súa parte, o xurado estará composto por tres personalidades do mundo do espectáculo: Fran Sieira, coreógrafo e bailador profesional; Marisa Prisa, artista drag con proxección internacional, e Silvana Sestelo, actriz e coordinadora do ballet de ‘Luar’. Eles serán os encargados de puntuar as actuacións de cada parella, de 1 a 12 puntos, segundo os seus propios criterios.

Pero a decisión non será só deles: o público presente no estudio tamén votará a través dunha aplicación móbil. O seu favorito sumará 6 puntos extra e, en caso de empate, o seu veredicto será definitivo. Ao longo das semanas, os puntos iranse acumulando e os concursantes con menos puntuación quedarán eliminados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade