div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A Televisión de Galicia e a Radio Galega, no regreso da selección española a Riazor

O xoves, o ‘Telexornal deportes’ emítese desde A Coruña e o ‘Galicia en goles’ retransmite o España-Iraq

csag.gal 03/06/2026 14:00

Santiago, 3.6.2026.-   A Televisión de Galicia volve demostrar o seu compromiso coas grandes citas deportivas na comunidade. Co gallo do encontro internacional entre as seleccións de España e Iraq, o equipo de Deportes despregará o potencial técnico e humano para ofrecer o ‘Telexornal deportes mediodía’ do desde o estadio de Riazor.

A partir das tres e cuarto da tarde, Carlos Macía conducirá a emisión desde o mesmo céspede, respirando o ambiente previo. O espazo contará con Manuel Pablo, lenda do deportivismo e actual adestrador do Deportivo Fabril, quen achegará a súa visión técnica e a súa experiencia no fútbol de elite. O exfutbolista canario chegou a ser internacional absoluto ata en trece ocasións, debutando con Camacho no ano 2000 ante Alemaña e rematando con Iñaki Sáez en 2004 ante Italia. Unha grave lesión no ano 2001 impediulle asistir ao Mundial de Corea e O Xapón.

A cobertura completarase con outro punto de directo, no lugar onde se desenvolve o xantar oficial da RFEF. Cristian Romero entrevistará o presidente, o galego Rafael Louzán, para abordar entre outros asuntos o regreso do equipo nacional a Galicia e como está a situación actualmente para que Vigo sexa sede oficial no Mundial 2030.

A Radio Galega retransmite o España-Iraq

O histórico enfrontamento entre España e Iraq tamén se xogará coa máxima emoción na Radio Galega e en AGalegaAudio.gal, cunha programación especial para que os afeccionados non perdan un só detalle do que ocorra dentro e fóra do terreo de xogo.

A retransmisión comezará ás sete e media da tarde e prolongarase ata a medianoite, ofrecendo catro horas e media do mellor fútbol en directo. Ao mando estará Roberto Carlos Carballo, encargado de dirixir un equipo integrado por Javi Torres, na narración; Fernando Romero de Paz, co micrófono sen fíos; e Xosé Manuel Traba nos comentarios. Na última hora, o programa conectará coa sala de prensa e a zona mixta para ofrecer as declaracións dos principais protagonistas. 

O enfrontamento ante o combinado iraquí supón o último compromiso dos homes de Luis de la Fuente, antes de viaxar o venres 5 desde o aeroporto santiagués de Lavacolla con destino a fase final do Mundial dos Estados Unidos. Antes de debutar fronte a Cabo Verde, España terá un ensaio final fronte a Perú na madrugada do luns 8 ao martes 9 de xuño no estadio Cuauhtémoc de Puebla (México).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade