div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

A estrea da miniserie ‘Maxine’, o filme ‘+Cuñados’ e o concerto de SonDeSeu, entre as propostas desta semana en AGalega.gal

A serie británica, un thriller do xénero ‘true crime’, está baseada nun dos casos máis impactantes da crónica negra británica

Ficción, música e comedia galega únense nunha nova semana de novidades na plataforma da TVG

csag.gal 18/05/2026 15:30

Santiago, 18.5.2026.-  A plataforma AGalega.gal incorpora esta semana estreas en que conviven o suspense, o humor galego e a música tradicional do país. Entre as propostas novas sobresae o martes ‘Maxine’, unha miniserie británica de tres capítulos baseada nun caso real que afonda nun dos episodios máis mediáticos e estarrecedores da crónica negra do Reino Unido. 

A produción, dispoñible en versión orixinal subtitulada en galego, céntrase na investigación arredor de Maxine Carr e da súa relación con Ian Huntley, condenado polos asasinatos das nenas Holly Wells e Jessica Chapman. Cun ton de thriller e unha forte carga psicolóxica, a serie analiza tamén o impacto social e mediático dun caso que conmocionou o país.

A semana deixa tamén espazo para o humor coa chegada o luns de '+Cuñados’, a continuación da comedia galega de éxito protagonizada polos peculiares cuñados que, dous anos despois do seu golpe de sorte, seguen intentando branquear medio millón de euros a través dun negocio de polbo. O regreso dunha banda portuguesa en pleno Entroido acabará desencadeando unha nova sucesión de situacións absurdas, persecucións e problemas que rematan cun cadáver na ponte internacional de Tui.

Outro dos pratos fortes chegará o venres co concerto SonDeSeu XXV aniversario, un espectáculo especial co que a orquestra folk de Galicia celebra os seus 25 anos de traxectoria, acompañada de artistas de referencia da música galega, como Abraham Cupeiro, Tanxugueiras, Xabier Díaz e Rodrigo Romaní. A cita reivindica a música tradicional galega e a súa proxección internacional nun concerto homenaxe á historia e evolución da formación.

Completa a oferta semanal o filme ‘Case imposible’, unha comedia romántica en que Charlotte Field, secretaria de Estado dos Estados Unidos, e Fred Flarsky, un xornalista que acaba incorporándose á súa campaña presidencial polo seu peculiar sentido do humor. O filme estará dispoñible desde este xoves e durante sete días na plataforma.

Ademais destas estreas, AGalega.gal continuará incorporando ao longo da semana novos contidos e programas da grella da TVG, consolidando unha oferta audiovisual diversa, accesible e en constante actualización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
CRTVG VIVA

div-crtvg-top2

Publicidade